o nome da empresa e garabullos
As empresas de tempo libre desenvolven un tipo de actividade caracterizado por unha relativa indefinición normativa, o que dificulta a súa correcta delimitación. Así mesmo, existe un importante número de entidades (outras empresas, pero tamén asociacións, ONG, etc.) que ofrecen servizos similares aos das empresas de tempo libre, o que contribúe a aumentar a confusión conceptual que rodea esta actividade
Algunhas das actividades reflectidas nesta clasificación, ou estreitamente relacionadas coas mesmas, foron tratadas xa con maior profundidade noutras guías:
- Actividades náuticas.
- Turismo cultural.
- Turismo activo.
- Granxas escola.
- Animación sociocultural.
- Ludoteca.
O cadro seguinte recolle catro aspectos clave, identificados polos emprendedores, e que che poden axudar a reflexionar sobre as condicións que debe reunir a túa idea de negocio.
A IDEA
1. Orixe da idea:
Experiencia previa no sector do lecer e o tempo libre.
2. Concepto de negocio:
Organización de actividades lúdico-deportivas moi diversas para levar a cabo no tempo libre.
3. Claves competitivas:
Diversificación da carteira de produtos e de clientes.
4. Aspectos críticos:
Dependencia de organismos públicos. Estacionalidade (se a oferta está pouco diversificada).
lunes, 16 de noviembre de 2009
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)